Vaamonde, Pablo

Biografía

Pablo Vaamonde cursou estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e especializouse en Medicina Familiar e Comunitaria na Coruña. Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994–2005), así como presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) entre 1996 e 2005. Ocupou o cargo de Director Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006.

É coordinador xeral da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA), entidade que promove o uso do galego no ámbito sanitario. Actualmente exerce como médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña), despois de ter traballado varios anos en Estepona.

Colabora con artigos en medios como El Ideal Gallego, El Correo Gallego, La Voz de Galicia ou a revista Tempos Novos. Iniciouse no mundo da literatura coa escrita dramática, coas obras A taberna (1976) e Agardando polo tren (1977), estreadas nas Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia polo Grupo de Teatro Malveira de Cariño.

Libros editados

17,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.