Paula Cascallar Latorre, criada en Vilagarcía de Arousa, é unha autora galega que leva sempre Galiza no corazón e nas palabras. Cun espírito curioso e comprometido, comezou a escribir dende moi nova, publicando o seu primeiro poema A pombiña triste na escola polo Día da Paz. Desde entón, leva escritos máis libros que dedos ten nas mans, cultivando a escrita con paixón e sensibilidade.
Acadou o Bacharelato con matrícula de honra, aínda que o camiño non foi doado: o seu proceso de adaptación supuxo unha década da súa mocidade, tras a cal decidiu orientar os seus intereses cara á Bioloxía, que mantén viva entre os seus proxectos futuros. Polifacética, fala cinco idiomas, toca tres instrumentos e defende a palabra como ferramenta de xustiza e identidade.
Filla do diálogo e da reflexión, ve nos seus mestres auténticos druídas e cre que o coñecemento nace da conversa. Así, combina creatividade, aprendizaxe e activismo cultural cunha vontade clara de facer país.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados