Fernandes Mirás, Paulo

Biografía

Paulo Fernandes Miras naceu en Ordes e realizou os seus estudos superiores na cidade da Coruña, onde se graduou en Inglés, Galego e Portugués, e cursou os mestrados en Literatura, Cultura e Diversidade, así como en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Actualmente está a realizar o Doutoramento en Estudos Literarios tamén na Universidade da Coruña.

É autor e editor de diversos traballos vinculados á literatura galega e lusófona, destacando as antoloxías poéticas de Ricardo Carvalho Calero (2019) e Ernesto Guerra da Cal (2021), ambas publicadas por Através Editora; así como a biografía de Carvalho Calero (Ir Indo, 2020) e o libro de poemas Estado Demente Comrazão (Através Editora, 2022).

Exerce como profesor de Lingua e Literatura Galegas e Portugués, é investigador do grupo ILLA da Universidade da Coruña, Académico Numerario da Academia Galega da Língua Portuguesa, membro da União de Escritores de Língua Portuguesa e integrante do equipo editorial da Através Editora.

Libros editados

11,90  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.