Naveiras, Pechu

Biografía

Pechu Naveiras (Xosé Luís Naveiras de Uña) naceu na Coruña o 25 de setembro de 1974 e faleceu prematuramente na mesma cidade o 5 de decembro de 1993, con tan só dezanove anos. Estudou na súa cidade natal ata bacharelato e, en 1992, trasladouse a Lugo para cursar Enxeñaría Forestal. Dende moi novo manifestou unha profunda sensibilidade pola natureza, a ecoloxía e a historia, o que o levou a participar en colectivos ecoloxistas como Albatros e o grupo naturalista Hábitat. En 1991 fundou a Asociación Ecoloxista Fraga dos Druídas, dedicada á defensa do medio ambiente, e ao ano seguinte uniuse á Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico de A Coruña, baixo o padroado de Felipe Senén.

Aínda que cultivou varias paixóns, a poesía ocupou sempre un lugar central na súa vida. Tal e como el mesmo expresa: “… non ocultedes os meus sentimentos. Que saiban que fun un poeta”. A súa obra, inédita en vida, recóllese no poemario póstumo Dorna arelante no neboeiro, onde se articulan cinco grandes eixos temáticos: natureza, ecoloxía, historia, sentimento e escepticismo. Esta obra, de gran lirismo e fondura, bebe da lírica popular e do pulso do mar do Orzán, evocando paisaxes reais e míticas que van dende Nachikatsuura ata o Monte Pindo. Con el nace e permanece entre nós un novo bardo cascarilleiro do Eume.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.