Pedro del Pozo Toscano (Sevilla, 1971). Profesor de Física e Química no coruñés barrio dos Mallos, investigador en didáctica da ciencia e poeta. A súa escrita sitúase nun territorio de encontro entre pensamento, experiencia e palabra.
É autor dos libros de poemas Todas las puertas abiertas (Libros de la Herida, 2005), Distancias: poemas de los océanos zigzagueantes (Baile del Sol, 2010), De cómo sangra el lobo (Maclein y Parker, 2018), Los nombres de los peces (Loto Azul, 2024) e El imperio del mal menor (Eris, 2025).
Os seus textos aparecen en diversas obras colectivas, entre elas Voces del extremo: poesía y utopía, Poesía viva de Andalucía, El árbol talado que retoña: homenaje a Marcos Ana, Lo que ha quedado del naranjo: Palestina en el corazón, Disidentes: antología de poetas críticos ou Canto e demolizione: 8 poeti spagnoli contemporanei (poemas traducidos ao italiano). Forma parte do colectivo poético La Palabra Itinerante, co que participa en recitais, encontros e accións culturais. Ten colaborado tamén con espazos e iniciativas como Librerías La Fuga (Sevilla), La Casa con Libros (La Zubia), Fórum Metropolitano de A Coruña ou o Festival de las Letras de La Puebla de Cazalla.
Con O pulso da fronteira, o seu primeiro libro escrito en galego, Pedro del Pozo continúa unha traxectoria poética atenta ás pequenas interaccións da vida común, á memoria compartida e ás formas de pertenza que se constrúen con cada acto de resistencia.
@horse_latitudes_first_animal