Pedro Naveira

Pedro Naveira (A Coruña. 1962). Desenvolveu case toda a súa vida laboral como funcionario da Administación do Estado.

A súa paixón é a literatura, cultivando a narrativa en lingua galega, especialmente o relato curto e o microrrelato.

As súas narracións, ambientadas case todas en Galicia, buscan plasmar a singularidade dos galegos e da súa terra. Gañou varios certames literarios de relato curto (Piñor, Lar Galego de Sevilla, Terras de Chamoso, Concello de Rábade, Concello de Quiroga, Concello de Vedra, Concello de Cambre, etc.) e microrrelato (Concello de Vilalba, El Ideal Gallego, etc.). Publicou o libro de relatos curtos En galego, en curto, en Galicia (2025. Editorial Toxosoutos).

Libros editados

19,90 € IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.