Alto: 210 mm. Ancho: 140 mm. Groso: 200 mm. Peso: 200 gr.
Total páxinas: 256
Colección: NARRATIVA
Número: 87
Idioma de publicación: Galego
Número de edición: 1
Data de publicación: 18/11/2026
Prezo con IVE: 19,90 EUR IVE: 4,0
Resumo: Coa novela Algo persoal, un envolvente thriller cuxa trama se desenvolve na cidade da Coruña, Pedro Naveira mergulla ao lector no drama persoal do personaxe principal, de nome Ramón Souto e coñecido como Moncho, que vive unha situación extrema. No contexto dun tema da máxima actualidade, os desafiuzamentos e o dereito á vivenda, o autor propón como fío condutor un concienciudo plan de vinganza trazado por quen se considera vítima. Ao tempo, explora un dilema moral que dá para pensar… Conceptualmente, a vinganza adoita ser sempre un erro. Moralmente, é sen dúbida rexeitable. É, ademais, en moitos casos legalmente punible. Pero, da man da desacougante historia de Moncho, unha pregunta arriscada queda no aire para que os lectores decidan: pode ser a vinganza humanamente entendible?