López-Novoa Rey, Perfecto

Biografía

Perfecto López-Nóvoa Rey naceu na Coruña o 14 de abril de 1947, “bo día e boa colleita”, como el mesmo di. Formouse na Escola Náutica da Coruña, onde obtivo o título de Piloto de 2ª Clase en 1972, e máis tarde superou o exame de Capitán da Mariña Mercante en Madrid (Dirección Xeral da Mariña Mercante) no ano 1975, acadando un dos mellores expedientes da súa promoción.

A súa traxectoria profesional comezou no mar, onde navegou desde 1971 ata 1983. Posteriormente, emprendeu varios negocios e, en 1989, iniciou unha nova etapa como docente de Formación Náutico-Pesqueira no Instituto Social da Mariña (ISM) e, nos seus últimos catro anos nesta etapa, na Consellería do Mar, ata o ano 2004. Desde 1990 tamén impartiu clases de navegación de recreo e, en 2001, fundou a súa propia escola: Novomar, da que foi director e instrutor ata a súa xubilación.

A súa paixón polo ensino e a súa reputación entre os alumnos valéronlle o alcume de “Capitán Perfecto”.

Na actualidade, dedícase á escrita das súas memorias, nas que plasma a súa intensa vida no mar e na terra, así como o seu amor pola navegación e a docencia.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.