Ramón Sánchez (Carballo, 1975) é músico, poeta e autodidacta. Como músico, formou parte de diversos grupos, destacando Traboute, coa que gravou tres discos de estudo. No ámbito literario, a súa poesía foi recoñecida en múltiples certames por toda Galicia, e parte da súa obra foi incluída en antoloxías.
Na rede publicou Enxeñería efémera, unha proposta de trece pezas que mesturan imaxe, palabra e música. En 2020 publica os seus dous primeiros poemarios: Descender pola nádega da montaña e Vagar de náuseas. En 2024 dá o salto á literatura infantil con Animálgama.