Ramón Torrado Romero (Xens – Araño, Rianxo, 1966) é profesor e escritor. A súa formación desenvolveuse entre Galicia, o País Vasco e os Estados Unidos de Norteamérica, experiencias que lle achegan unha visión ampla e diversa tanto na docencia como na creación literaria.
Conta con tres libros publicados: Rebeca no val das sombras ardentes (Editorial Toxosoutos, 2018), Torino (Axóuxere, 2021) e A petición de Auli (Belagua, 2023). Ademais, colabora habitualmente con artigos de opinión e análise en medios como Galicia Confidencial e o Xornal Certo de Barbanza, mantendo un forte vínculo co territorio e co pensamento crítico contemporáneo.