Raquel Lanseros

RAQUEL LANSEROS

(Jerez de la Frontera, 1973)

Poeta, tradutora, doutora en Didáctica da Lingua e  a Literatura, profesora titular de universidade, investigadora académica e comunicadora cultural, é unha das voces máis premiadas e recoñecidas da actual poesía en español.

O seu último libro de poesía, El sol y las otras estrellas, publicado no 2024, obtivo o Premio Internacional de Poesía Generación del 27. E o anterior, Matria, foi merecedor no 2019 do Premio Nacional da Crítica e do Premio Andalucía da Crítica. Así mesmo, foi galardoada co Premio Unicaja de Poesía, un Accésit do Premio Adonáis, o Premio de Poesía del Tren, o Premio Antonio Machado en Baeza, o Premio de Poesía Jaén, o Premio de Literatura Ciudad de Priego e o Premio das Letras da Academia San Dionisio de Jerez.

O seus anteriores libros de poesía son: Leyendas del promontorioDiario de un destelloLos ojos de la nieblaCroniria  e  Las pequeñas espinas son pequeñas. Algúns deles foron publicados en Francia, Estados Unidos, Colombia, Arxentina, Italia, México, Portugal, Marrocos, Perú e Puerto Rico. É autora de numerosas publicacións académicas no ámbito da poesía, os estudos panhispánicos, a ampliación do canon literario, a transversalidade do coñecemento e a tradución.

 

Libros editados

14,90  IVE Incluído