Roberto López Veiga (A Coruña, 1977) é un autor galego que, malia residir habitualmente en cidades como A Coruña ou Lugo, mantén un fondo vínculo co rural, en especial co pobo de orixe da súa familia materna, situado no concello de Bóveda (Lugo). Este vencello reflíctese tanto na súa obra como na súa implicación cultural.
En 2022, foi galardoado co premio ao mellor poema das Letras Galegas no devandito concello. Desde entón, proseguiu a súa actividade literaria a través da participación activa no Slam Poetry Bóveda, tanto como colaborador da organización como tamén como participante, consolidando así a súa presenza no panorama da poesía oral e performativa en Galicia.