Mª Rocío Vieites Rey, nada en Marín (Pontevedra) no 1964, diplomada en Profesorado de Educación General Básica (especialidade en Lingua Española e Idiomas Modernos) no 1985 e licenciada en Filoloxía (sección Románica, Francés) no 1990. Tras seis cursos como mestra de EXB, exerceu o resto da súa vida profesional como profesora de Lingua Galega e Literatura. Dun total de 37 anos escasos traballados, curiosamente, impartiu docencia 13 cursos no IES Mestre Landín e outros 13 no IES Sánchez Cantón, centros nos que desempeñou diferentes funcións directivas. Actualmente xubilada e dedicada a actividades varias.