Senén Peleteiro naceu en Santiago de Compostela no ano 1995. É graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe un máster en profesorado. Desde mozo, comezou a formarse e traballar no ámbito da educación non formal, ademais de desenvolver a súa faceta como lector e creador poético e narrativo.
A súa primeira incursión no mundo cultural ocorreu na súa etapa universitaria, cando publicou varios poemas. Actualmente, Senén colabora con diversos medios de creación e difusión artística en Compostela, e tamén traballa no sector do libro. No ámbito literario, foi autor dunha parte da poesía do poemario Experiencia Piloto.