X. H. Rivadulla Corcón (A Coruña, 1962) é poeta, narrador, dramaturgo e guionista de televisión. A súa obra está fondamente enraizada na cultura galega, en especial no mundo mariñeiro, e caracterízase pola forza lírica e a evocación da memoria colectiva e persoal.
Como guionista, destaca pola súa longa traxectoria na TVG, onde dirixe e escribe programas documentais seriados sobre a vida mariñeira galega, como Ribeiras de Salitre, Embarcados ou O Son da Ribeira, auténticas crónicas audiovisuais do mar e das súas xentes.
En poesía publicou, entre outros, os libros Taberna á deriva (Espiral Maior, 2002), O adeus do vello mariñeiro (Xerais, 2007), Camiño ao mar (Auga Editora, 2010), Os papeis do vagabundo (Espiral Maior, 2010) e Tankas da vida salgada (Trifolium, 2019), que reflicten a súa paixón pola lingua e o mar, así como unha profunda visión humanista da existencia.
meduliaeditorial.es by 15114.net © 2025 – Tódolos dereitos reservados