Xosé Manuel Sarille é escritor e xornalista, vinculado desde novo ao nacionalismo galego de esquerdas como integrante da chamada Xeración Erga, movemento estudantil que nos anos setenta e oitenta xogou un papel destacado na loita política e cultural en Galicia.
Ao longo das décadas, foi analista habitual da realidade política galega en medios como A Nosa Terra, El Correo Gallego ou Praza Pública. A súa obra escrita aborda temas como a Guerra Civil, a situación sociolingüística do galego, a causa feminista ou o lecer en autocaravana.