Xosé Ramón García Vázquez naceu na Coruña en 1954. Desenvolveu a súa actividade profesional no ámbito do comercio e como auxiliar administrativo, aínda que as súas verdadeiras paixóns son a música e a literatura.
Colaborou con relatos humorísticos nas revistas Can sen dono e Sapoconcho, e con artigos e biografías na revista A Barcarola, así como en publicacións da emigración como O Chan e Xerme.
No xornal El Ideal Galego publicou estudos como O carro de bois, sobre os apeiros de labranza, ademais doutros traballos divulgativos.
Tamén achegou biografías á revista da Sociedade Galega de Educadores en Diabetes, e publicou relatos e poemas en medios como A Nosa Terra e Nordés, Poesía e Crítica.
En 2019 viu a luz o seu libro Guía dos Xardíns de Méndez Núñez.