Xosé Vázquez Labandeira

Biografía

Xosé Vázquez Labandeira naceu en 1950 en Matío, A Coruña. É titulado en Maxisterio e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela.

Ao longo da súa traxectoria vital e profesional, traballou no eido do ensino da E.X.B., o Bacharelato e a Formación Vial, logo dunha etapa de emigración en Suíza e Barcelona.

Como autor, publicou o estudo Toponimia do Concello de Laxe (Deputación Provincial da Coruña, 2018), unha obra de carácter etnográfico e lingüístico, así como o libro de poesía Pensamientos (Donbuk, 2019), que recolle 92 poemas da súa mocidade, escritos entre os 14 e os 22 anos, entrelazados cos seus primeiros versos desta etapa.

Libros editados

14,90  IVE Incluído