López Valcárcel, Xulio

Biografía

Xulio López Valcárcel (Lugo, 1953) é poeta, ensaísta e narrador, e unha das voces destacadas da literatura galega contemporánea. A súa obra figura nas principais antoloxías poéticas do país e foi recoñecida con numerosos galardóns, como os premios Celso Emilio Ferreiro, Guimarães (Portugal), Antón Tovar, Miguel González Garcés, o Premio da Crítica Española (1994 e 2004) e o premio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

A súa poesía, traducida a múltiples idiomas (español, inglés, francés, italiano, alemán, ruso…), está recollida en libros como Solaina da ausencia (1987), Memoria de Agosto (1993), Casa última (2003), A melancolía dos corpos (2008), Outono nos espellos (2017) ou Lúa de xemas frías (2009), escolma de poesía mapuche. No eido narrativo publicou o libro de relatos Anel de mel (1991) e a novela Campo de Marte (1999). Como ensaísta é autor de títulos como Sinais na area (2007), Miguel González Garcés, mineiro de luz (2009), Confesión de parte (2010), O escano baleiro (2011), Raíz e Canto (III volumes), A invención dun Deus. Xesús de Nazaret (II volumes), e No corazón de Galicia. Viaxe polas terras de Chantada e A Ulloa (2001).

Libros editados

21,90  IVE Incluído

14,90  IVE Incluído

10,00  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.