Xulio Romero Suárez naceu en Camelle (Camariñas) o 27 de decembro de 1965. Criouse e formouse na Coruña, onde estudou ata o COU no Fogar de Santa Margarita.
Traballou durante 34 anos no sector bancario e, unha vez xubilado, continúa a súa formación na Universidade Sénior da Coruña. É colaborador activo con diversas entidades culturais da Costa da Morte.
Apaixoado pola literatura, en particular pola tradición literaria galega, leva máis de dúas décadas participando en certames literarios, nos que foi recoñecido con máis de corenta premios na modalidade de relato, así como un galardón en poesía.