(Porriño – Pontevedra) é avogado e profesor de Dereito da Universidade de Vigo, tendo publicado varios libros sobre temas xurídicos (A detención, O axuizamento penal das menores…) e participado en diversas publicacións científicas en dito campo. Así mesmo, é autor dun libro de poesía “De amor e outros medos” (Chiado Editorial, 2013), outro de literatura xuvenil, Os números viaxeros” (Autoedición, 2022) e unha novela negra As vidas do río (Editorial Galaxia, 2023). A súa vocación social e de aprendizaxe fixéronlle traballar como voluntario de Dereitos Humanos en varios países, como Perú, Guatemala, Ecuador, Bolivia ou Colombia, así como viaxar por diferentes territorios doutros continentes, compartindo experiencias con diversas e variadas culturas.