Todas as persoas temos a nosa verdade. E todas cremos nalgunhas mentiras. Vivimos nunha caverna de sabedoría onde a razón propia impera sobre a lóxica común. É aí, xustamente, a crenza medra e a certeza dubida. ENTRE MENTIRAS e algunha (in)certeza é un golpe á realidade do pensamento persoal, un conxunto de verdades (ou mentiras) onde cada quen debe sacar as súas conclusións individuais. Un exercicio intelectual de reflexión para contradicir o autor. Ou para confirmar o seu propio desvarío. Un xogo da linguaxe e un experimento de lectura na procura das (in)certezas que nos guían no camiño do tempo.