Características: Alto: 297 mm. Ancho: 210 mm. Groso: 100 mm. Peso: 100 gr.
Núm. páxinas: 106
Colección: NARRATIVA
Número: 84
Idioma de publicación: Galego
Número de edición: 1
Data de edición: 10/09/2026
Prezo: 19,90 euros
Prezo sen IVE: 19,13 EUR IVE: 4,0
Resumo: Leite condensado de marca branca nace dunha idea híbrida traballada durante o encerro obrigado da recente pandemia. Podería dicirse deste proxecto literario que, sen renunciar ao enfrontamento corrosivo que sempre se dá entre palabra e idea, comparte ferrados co amplo territorio da poesía da (in)experiencia. Dotado dun humor suave pero acomodado a unha métrica exacta de palabras, este leite consta de 59 contos de noventa e cinco palabras e 95 contos de 59 palabras exactas. O gallo deste capricho numérico é que o autor xoga coas datas dos anos do seu nacemento e o da súa filla Uxía (1959 e 1995) por tanto, ambos os dous teñen unha sorte de existencia capicúa. Para fuxir da “escravitude da medición” e a modo de apéndice, a parte final desta condensación conta cuns relatos de maior dimensión, tamén teñen a súa importancia numérica, pois o coñecido como Pereiro pequeno é da idea de que, para contar a realidade, tanto pasada como presente, palabra e número deben iren de mans dadas.