Xosé Luis Martínez Pereiro

Biografía

Xosé Luís Martínez Pereiro naceu na Coruña en 1959. Humorista gráfico, escritor e ilustrador, ten colaborado en publicacións como Can sen dono, XO! A voz que para as bestas, O Farelo, Sapoconcho e forma parte de diversas antoloxías humorísticas como Os humoristas e a reconversión, Humor galego ao 88 ou Humor Antirracista, esta última premiada pola Evens Foundation en París no ano 1999.

A comezos do novo milenio obtivo un dos Premios “Castelao” de Humor Gráfico do Concello de Pontevedra e o seu traballo foi recoñecido internacionalmente, con exposicións en lugares como a Universidade Fatih de Istambul, o Parlamento sueco, o Instituto Goethe de Nairobi ou a Cairo Opera House. Tamén recibiu o Special Prize Caragiale da asociación romanesa de caricaturistas en 2005. As súas colaxes foron publicadas en medios de diversos países, desde Exipto ata Perú. No ámbito literario, destaca pola súa obra narrativa e dramática, premiada en numerosas ocasións, con títulos como O antropófago, As irmás bastardas da ciencia, Medición definitiva do limbo, A embaixada do vinagre ou A verdade como mal menor.

Libros editados

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.