ULLA, ULLOA, ULLOÁNS

14,90  IVE Incluído

Autor/es
Colecciones
Category

Ficha

ISBN978-84-10324-68-8
Medidas20 x 20 x 1 cm
Peso0.1 Kg
FormatoRústica
Detalle FormatoCon ilustracións interiores
Nº Páxinas74
ColecciónPoesía
Número136
IdiomaGalego
Data Edición03/04/2025

Extracto

“As abellas fan mel / as persoas facemos historias” escribe o autor nesta audaz estrea literaria. Ulla, Ulloa, Ulloáns non só lle serve ó autor para facer unha feroz defensa da terra, senón que o poeta consegue collernos da man para guiarnos e achegarnos á natureza, lendas, e historias do río Ulla. O libro articúlase en 17 poemas que representan un camiño invernal Ulla arriba, con versos trobando historias “vellas e novas / boas e malas / verdadeiras ou falsas” e paisaxes que se inmortalizan en poemas curtos ou Haikus, que dan un respiro ós camiñantes, que se poden rachar do libro e gardar no peto, para recorda-las paraxes deste singular camiño literario. Os versos destes poemas ás veces flúen, ás veces acougan, ás veces cantan…e ás veces vibran co patriotismo e co sentimento da xente unida para protexer un río e ó seu entorno natural, arredor do cal xira a vida de toda unha comarca. Neste caso, a ameaza da industria da celulosa ó río Ulla que afecta á comarca da Ulloa, e ás xentes deste e doutros concellos, todos eles Ulloáns, conectados na súa defensa visceral deste río. Poucas veces atopamos un libro como Ulla, Ulloa, Ulloáns, que constrúe, dun tema de grande e dramática actualidade, un canto de amor a un río, unha comarca e unhas xentes, que son os tres elementos que lle dan título. Os poemas, construídos cuns versos imprevisibles e intensos, achégannos a historias singulares e á vida cotiá desta comarca, cunha sonoridade única, cal murmurios da aldea, que atrapan ós lectores, veciños xa da Ulloa. Sen dúbida tedes nas mans un libro brillante dun autor emerxente. Un debut excepcional.

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.