Premio de Poesía Eduardo Pondal

A EDUCACIÓN E A CULTURA constitúen un elemento esencial na dinámica dos pobos polo que significan de reflexión, pensamento e revisión crítica de certezas, teorías e crenzas, o que nos debe levar a sermos máis prudentes e máis libres. A cultura beneficia a todos. Ao revés do que sucede nun evento deportivo –no que inevitablemente hai sempre un derrotado– na cultura todos gañan, todos gañamos.

Desde esa conciencia do necesario fomento da lectura e a escrita, Medulia Editorial convoca o Premio de Poesía Eduardo Pondal, que se resolve anualmente coincidindo co Día das Letras Galegas.

A figura de EDUARDO MARÍA GONZÁLEZ- PONDAL ABENTE (1835-1917) eríxese senlleira entre os poetas do seu tempo, constituíndo na actualidade un referente de primeira orde, cabo de Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez, o trío máis célebre e influente da nosa literatura.

PONTECESO ten a honra de ter sido o seu berce, conserva a casa natal e mantén viva a traxectoria humana, vital e literaria de don Eduardo, íntimamente vencellada á súa terra, á súa historia e á súa paisaxe orixinarias, como o demostran as numerosas citas e alusións que salfiren os seus versos. Pondal é, pois, patrimonio esencial de de todas as galegas e galegos.

O Premio de Poesía Eduardo Pondal contribúe a manter viva a súa memoria e a descubrir novas autoras e autores, continuadores do seu legado e, por ende, enriquecendo o noso patrimonio literario.

Germán Barreiros – Nota de prensa de La Voz de Galicia

Descarga as bases do concurso

Libros Premiados

14,90  IVE Incluído

12,48  IVE Incluído

Política de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.